Podía llover y llovió lo que no está en los escritos, 
  algo increíble, lo que ha llevado a la suspensión de las últimas 
  pasadas por los tramos ya que eran prácticamente lodazales. 
Desde luego los pilotos le echaron moral, hay videos circulando por las redes 
  sociales en los que se puede ver el estado de algunos tramos. 
Un 10 para la organización que ha hecho primar la seguridad de los pilotos.
 
 “””””
 
 ALFONSO “PISKO” VENTÍN E TINO E JORGE IGLESIAS, OS MELLORES 
  NO RALLYMIX DE TOURO.
 Alfonso “Pisko” Ventín, na clase A, e o equipo formado 
  por Tino e Jorge Iglesias na B, foron os mellores clasificados no Rallymix Concello 
  de Touro, que tan só puido celebrar as tres primeiras mangas oficiais 
  debido as condicións climatolóxicas, que non permitiron continuar 
  coa proba nas condicións adecuadas de seguridade durante o domingo. 
A chuvia e o vento foron as protagonistas non desexados do inicio do Campionato 
  Xunta de Galicia de Rallymix, unha situación que puxo a proba a resistencia 
  tanto do organizador coma dos equipos participantes. 
No tocante a clasificación da clase A, con máis de 30 equipos 
  inscritos, triunfo para Alfonso “Pisko” Ventín, que aos mandos 
  do Yacarcross tamén foi o máis rápido de todos os participantes 
  da proba cun tempo final de 24:02.578. 
A continuación, no segundo posto da xeral nun Kincar situouse Manuel 
  Rey, mesma montura que o terceiro clasificado, David González, tamén 
  nun Kincar. 
Ventín sumou ademáis o triunfo na Copa MRF, por diante de David 
  González e de Antonio Viloria, nun formato que contou con nada menos 
  que 16 equipos inscritos no debut competitivo deste formato. 
En canto a clase B, primeira victoria da tempada para Tino e Jorge Iglesias, 
  no seu habitual Ford Fiesta N5 cun tempo final de 25:56.643, o que lles serviu 
  ademáis para ser sextos da clasificación xeral.
O segundo posto da clase B foi para César Garabatos e Santi Nieto, no 
  Mitsubishi Lancer Evo X, sendo ademáis os primeiros clasificados da Copa 
  Pirelli 4X4. Completaron o podio os ourensáns Arturo Cota e Diego Blanco, 
  no Seat León 4x4.
 No tocante a Copa Pirelli 4x4, o podio completouse con Daniel Vázquez 
  e Diego Ponte e David González e Cristian Mejuto.
 Dentro dos participantes da Copa Pirelli tracción dianteira, primeiro 
  posto para Juan José Pintos e Joel Souto, seguidos de Jesús e 
  Manuel Sánchez e de José Luis Fernández e Andrés 
  Costas. Fran Abalo e Manuel Raido foron os mellores clasificados dentro da Copa 
  Iniciación de Escuderías. 
A continuación, Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo e Gonzalo 
  Fernández e Sergio Cancela. 
A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar 
  os días 14,15 e 16 de xuño con motivo do Rallimix Sidra da Estrada. 
 
“””””