INFORMACIÓN
ANUNCIANTES
PROVINCIA:
NOTICIAS · NOTICIAS
SUBIDA A TABOADA 2024.

Nota de prensa que no pasa la Escudería Taboada por la celebración número 11 de su ya, mítica subida a Taboada.

“””””
A cita inaugural do Campionato Galego de Montaña será presentada este venres, 19 de abril, as 12:30h, na Praza de Riazón

Os ruxido dos motores empezará a impregnar o Concello de Taboada a partir deste venres, 19 de abril, ás 12:30h, xa que na Praza de Riazón, en pleno corazón da localidade de Taboada, levarase a cabo presentación da esperada XI Subida A Taboada.

Nela contarase ca participación destacada das autoridades máis representativas da nosa terra, dende o Concello de Taboada ata a Xunta de Galicia, pasando pola Deputación de Lugo e a Federación Galega de Automobilismo.

Xunto cos representantes institucionais, tamén teremos o pracer de contar coa presenza de talentosos pilotos da propia Escudaría Taboada, que aportarán todo o seu coñecemento e habilidade na seguinte fin de semana para facer desta subida unha experiencia única e emocionante. Cada curva, cada recta, será un desafío para os condutores e unha auténtica delicia para os espectadores que se acheguen a presenciar este espectáculo.

Con esta presentación, damos o pistoletazo de saída o Campionato Galego de Montaña, cunha competición que atraerá a mirada de todo Galicia e máis aló. A XI Subida A Taboada non é só un evento deportivo, é unha oportunidade para desfrutar da paixón polo motor, a nosa comunidade e o noso entorno natural. As paisaxes de Taboada servirán de escenario perfecto para esta batalla de velocidade e destreza.

Invitamos a todos os interesados, tanto locais como visitantes, a unirse a nós neste emocionante evento. Que a adrenalina corra solta e os motores ruxan nos arredores de Taboada neste arranque do certame autonómico.

“””””

MOTORGALLEGO.COM ·Mail: info@motorgallego.com·